Os sindicatos rexeitan os servizos mínimos e esixen o peche dos xulgados
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT esixe peche xulgados, Instituto de Medicina Legal e Fiscalías, e denuncia que "a Xunta pon en risco a traballadores e cidadáns" ao aprobar uns servizos mínimos "maiores que durante os tres meses da folga de xustiza e que o resto de España, sobre todo cando hai xulgados en corentena".
Este sindicato califica de "esperpéntica" a xestión da crise sanitaria como consecuencia da alarma sanitaria polo Coronavirus COVID-19.
Así, sinala que "o despropósito xa comezou o pasado venres, cando a Xunta se negou a suspender unha reunión cos sindicatos.
Para Alternativas na Xustiza-CUT outra "pifiada" foi a publicación duns servizos mínimos "abusivos", xunto coa "absoluta falta de medidas de prevención para os traballadores".
Engade este sindicato que durante esta semana a falta de comunicación por parte do director xeral e da subdirectora xeral coas delegacións provinciais "provocou que en cada Delegación se tomaran decisións contraditorias" con respecto ao horario de traballo, instrucións sobre o persoal exento de ter facer servizos mínimos polas súas circunstancias particulares, entre outros aspectos ata que a Xunta aprobou unha nova instrución que modificaba a anterior.
Dende a Xunta aconsellouse aos letrados que se expoñan o menos posible ao contaxio e vaian aos xulgados o tempo imprescindible preferiblemente traballen desde o seu domicilio. Situación idéntica pasa cos maxistrados, xuíces e fiscais que salvo para atender o xulgado de Garda non aparecen polos xulgados, salvo raras excepcións.
"Isto está a converter a pandemia nun tema de clases sociais, digna doutras épocas", conclúe este sindicato.
PODER XUDICIAL
Por outra banda, a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial, reunida este mércores en sesión extraordinaria, acordou que mentres se manteña o estado de alarma non procede a presentación "en ningún caso" de escritos procesuais de maneira presencial, limitándose a forma telemática (LexNET) a aqueles que teñan por obxecto única e exclusivamente actuacións procesuais declaradas urxentes e inaprazables polas instrucións e acordos do órgano de goberno dos xuíces.
O alcance da suspensión de prazos procesuais esténdese aos que rexen para a presentación da solicitude de concurso.
A situación dos membros da Carreira Xudicial illados ou contaxiados por coronavirus considerarase asimilada a accidente de traballo para os efectos do subsidio de incapacidade temporal.
Relacionadas:
-
Critican os "desplantes" da Xunta co partido xudicial de Vilagarcía, "un dos máis colapsados de Galicia"
Por Redacción |
-
Dous novos positivos por Covid-19 nos xulgados de Pontevedra levan aos sindicatos a pedir maior prevención
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Regresa a actividade aos xulgados da Parda
Por Oskar Viéitez |
-
Os xuíces pontevedreses piden non usar o estado de alarma como "escusa" para incumprir custodias de menores
Por Natalia Puga |
-
Editan unha guía práctica para resolver as dúbidas dos xuíces durante o estado de alarma
Por Oskar Viéitez |
-
A Xustiza adopta medidas extraordinarias polo estado de alarma
Por Oskar Viéitez |
-
Suspendidos todos os xuízos e actuacións xudiciais non urxentes desde o luns
Por Natalia Puga |
-
A actividade xudicial, tamén alterada polo coronavirus
Por Natalia Puga |