Autorizan a apertura de clínicas e centros veterinarios durante o estado de alarma
Por Alejandro Espiño
O Goberno modificou o real decreto aprobado o pasado sábado para introducir unha serie de cambios, entre outras cousas, nos establecementos que poden abrir ao público. Así, poderán abrir tamén clínicas e centros veterinarios.
Estes servizos médicos para animais non estaban mencionados explicitamente no texto legal e, segundo avanzou o presidente do executivo central, Pedro Sánchez, incluirase na listaxe de establecementos esenciais para a cidadanía.
Esta cuestión fora solicitada por colexios profesionais e comunidades autónomas, ao entender que o texto aprobado era ambiguo e creaba inseguridade nos veterinarios.
En todo caso, desde o sector piden aos cidadáns que fagan uso destas clínicas con sentido común e se limiten a acudir a elas só se se trata de casos graves ou urxencias.
Ademais, recomendan solicitar cita previa e evitar aglomeracións nas salas de espera destas clínicas, para evitar riscos innecesarios de contaxio polo coronavirus.
Relacionadas:
-
RADIO.- Veterinarios, unha profesión maioritariamente ausente nos comités científicos de xestión da covid-19
Por Marisa Ciordia |
-
O Colexio de Médicos insta á poboación para "seguir a machada" as medidas das autoridades sanitarias
Por Redacción |
-
As embaixadas piden a españois no estranxeiro que regresen "canto antes"
Por Alejandro Espiño |
-
Traballadores afectados por un ERTE cobrarán paro e os autónomos con perdas non pagarán as súas cotas
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno conxela o pagamento de hipotecas a colectivos afectados polo coronavirus
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada