O Goberno conxela o pagamento de hipotecas a colectivos afectados polo coronavirus
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Primeira medida de calado para a axudar aos españois para paliar as consecuencias económicas que produce o estado de alarma decretado para evitar a expansión do coronavirus. O Goberno obrigará aos bancos a conxelar o pago de hipotecas.
Non será, en todo caso, un aprazamento universal. O executivo de Pedro Sánchez, reunido en Consello de Ministros de maneira telemática, acordou que esta moratoria no pago das hipotecas sexa efectiva para todas aquelas persoas cuxa economía se resentira.
É dicir, beneficiará a aquelas persoas que visen reducidos os seus ingresos, entre eles autónomos ou traballadores por conta allea, que estean en situación de desemprego ou que se quedaron sen traballo de maneira temporal pola ausencia de actividade nas súas empresas.
Os bancos estarán obrigados por lei a permitir o aprazamento nas cotas que todos eles deben abonar polas súas hipotecas, sempre que se trate da súa primeira residencia.
Cando se retome a actividade normal do país, engade o Goberno, os pagos destas cotas da hipoteca reanudaranse nos mesmos termos que tiñan ata o momento.
"Ningunha persoa perderá a súa vivenda. Ninguén será desafiuzado por unha situación económica díficil", sinalou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que aclarou que esta moratoria nas hipotecas prolongarase ata que se supere esta situación provocada polo coronavirus.
Ademais, Sánchez avanzou que o Goberno tamén garantirá os servizos básicos de todos os cidadáns, polo que as compañías de auga, electricidade, gas ou telecomunicacións non poderán interromper o servizo a ninguén por falta de pagamento e destinaranse 600 millóns para as prestacións básicas dos servizos sociais autonómicos e locais, para reforzar especialmente a asistencia sanitaria a colectivos vulnerables.
Relacionadas:
-
A campaña da Renda esquiva o coronavirus e comezará o 1 de abril
Por Anxo Lourido |
-
Consumo conxela os prazos de devolución de artigos comprados antes do estado de alarma
Por Redacción |
-
Autorizan a apertura de clínicas e centros veterinarios durante o estado de alarma
Por Alejandro Espiño |
-
As embaixadas piden a españois no estranxeiro que regresen "canto antes"
Por Alejandro Espiño |
-
Traballadores afectados por un ERTE cobrarán paro e os autónomos con perdas non pagarán as súas cotas
Por Alejandro Espiño |
-
España pecha as súas fronteiras terrestres e non permitirá o acceso a cidadáns estranxeiros
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia suspende as súas eleccións: "Loitar contra a pandemia é a nosa única ocupación", di Núñez Feijóo
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra pide aos seus cidadáns "manter a calma" e estar "á altura das circunstancias"
Por Alejandro Espiño |