Despregamento das Forzas Armadas para conter o coronavirus: a Brilat, a Vigo e A Coruña e a UME, a Pontevedra
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O despregamento das Forzas Armadas para sumarse ás medidas para conter o avance o coronavirus xa chegaron á provincia de Pontevedra. A Brigada Galicia VII, Brilat, con sede na base pontevedresa de Figueirido, xa se mobilizou este luns en Vigo e a Unidade Militar de Emerxencias (UME) fará o mesmo este martes na cidade do Lérez.
Fontes consultadas por PontevedraViva confirmaron que a Brilat xa incorporou este luns aos operativos de control en Vigo cun primeiro despregamento de medios e ao longo da xornada deste martes completaranse os efectivos.
Fontes militares confirmaron que a Brilat acudiu onte a Vigo para facer un primeiro recoñecemento da zona e este martes, ás 7.30 horas da mañá, xa partiu da base de Figueirido unha compañía de Infantería desta Brigada para despregarse na cidade olívica. Trátase de entre 80 e 90 efectivos que se desprazaron en oito vehículos e varios autobuses para poder chegar ata alí cumprindo as medidas de separación entre persoas dentro do vehículo.
Ademais destas compañía, despregouse, como apoio, unha sección da compañía NBQ (Defensa Nuclear, Radiolóxica, Biolóxica e Química) para apoiar en cuestións de descontaminación e desinfección .
As fontes consultadas por PontevedraViva explicaron que a súa misión en Vigo é actuar de apoio ás autoridades civís nas tarefas que lle piden, tales como, por exemplo, control das persoas para velar polo cumprimento do establecido no Real Decreto de Estado de Alarma. Ademais, teñen a misión de facer presenza na rúa.
Ás 8.15 horas deste martes empezou o despregamento nas prazas de España, Colón e América e tamén na rotonda de Beiramar na rúa Coruña, na rotonda de Genaro de la Fuente coa travesía de Vigo, na avenida de Madrid e a zona do porto.
Ademais, na mañá deste martes tamén lles foi encomendado o desprazamento ata A Coruña para realizar un traballo de desinfección nas dependencias da Dirección Xeral de Tráfico.
No caso da UME, os primeiros efectivos incorpóranse desde a mañá deste martes ao operativo de control de Pontevedra, así como na Coruña. Un total de 110 militares e entre 30 e 40 vehículos partiron a primeira hora da mañá da sede da Unidade en León con destino a Galicia e está previsto que a media mañá se poñan a disposición das autoridades civís.
Fontes do Quinto Batallón da UME con sede en León indicaron que a Pontevedra chegarán a metade destes medios, uns 55 militares e 15-20 vehículos. En canto cheguen, será a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, a que lles asigne as funcións encomendadas, que serán primeiro recoñecemento das zonas máis críticas, normalmente por tránsito de persoas, tales como estacións de autobús e tren e outros lugares de aglomeracións. Despois de identificar os lugares, encargaranse de presencia na zona e tarefas de desinfección se son precisas, pero será a Subdelegada a que lle asigne os puntos concretos.
Este despregamento militar, bautizado como operación Balmis, forma parte das medidas e actuacións implementadas polo Goberno do Estado para tentar conter a propagación do virus por mor da declaración do estado de alarma, sempre como resposta ás peticións que nos vaian realizando as distintas administracións.
Relacionadas:
-
A Brilat retírase e da por finalizada a Operación Balmis de loita contra o coronavirus
Por Redacción |
-
A Escola Naval ten preparadas 50 habitacións para acoller enfermos por coronavirus cando sexa preciso
Por Manu Otero |
-
A Brilat desprégase en Marín para recoñecer as zonas de especial risco de contaxio
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A Brilat desinfecta o centro de saúde de Vilagarcía tras detectarse un brote de coronavirus
Por Natalia Puga |
-
Deteñen un home por agredir cun pau a un militar da Brilat despregado pola alerta sanitaria
Por Redacción |
-
Os cidadáns tamén aplauden o traballo dos militares na cidade
Por Marisa Ciordia |
-
VÍDEO.- Así actúa a Unidade Militar de Emerxencias para desinfectar espazos de habitual presenza cidadá
Por Redacción |
-
A Brilat desprégase en "zonas sensibles" de Pontevedra en canto a tránsito de persoas
Por Natalia Puga & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Militares da UME desinfectan as rúas de Pontevedra e controlan as saídas dos cidadáns
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Cáritas e o Concello habilitan dous albergues para que as persoas sen fogar pasen a corentena
Por Redacción |
-
Primeira persoa denunciada en Pontevedra por incumprimento das restricións do estado de alarma
Por Natalia Puga |
-
O comercio bota a persiana, pero permitiranse salóns de peiteado, tinturerías e ópticas e a venda por Internet
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A poboción só podrá saír da casa de xeito individual e para compras de primeira necesidade, atención médica e traballo
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Decretado o estado de alarma en toda España para frear o coronavirus
Por Natalia Puga | Creada e actualizada