A 'Plataforma Cidadá por unha Casa de Cultura Digna para Salcedo' insiste en cambiar o proxecto
Por Redacción
A Plataforma Cidadá por unha Casa da Cultura Digna para Salcedo continúa coa súa loita. A pesar de que, segundo o concelleiro Demetrio Gómez, na reunión do Consello parroquial mantida con representantes doutros colectivos a súa proposta non obtivo o apoio da maioría, o colectivo entende que os veciños deben estar informados sobre o proxecto da Casa da Cultura e, por ese motivo, convocaron unha asemblea este sábado pola noite no adro da igrexa de San Martiño, na parroquia de Salcedo.
Segundo os dirixentes da Plataforma acudiron ao redor de 200 veciños entre os que se encontraban representantes de asociacións da parroquia e afirman que durante a intervención comprobaron un gran descoñecemento por gran parte dos asistentes sobre as características do proxecto aprobado polo Conselo parroquial que, segundo manifestan, contempla un escenario invertido no que non hai cabida para a Banda de Música de Salcedo.
Dirixentes desta Plataforma co seu presidente, Fran Luvía, á cabeza entrevistáronse tamén con representantes do grupo político Anova dende o que solicitan ao Consello parroquial que revise o proxecto contando coa participación de todos os colectivos e veciños.
Relacionadas:
-
A plataforma 'Por unha Casa de Cultura Digna para Salcedo' buscará apoios entre as forzas vivas da cidade
Por Redacción |
-
Os populares pídenlle ao Concello que dote a Salcedo dunha Escola municipal de Música
Por Oskar Viéitez |
-
Flashmob na Peregrina contra "unha casa de cultura sen cultura" en Salcedo
Por Natalia Puga |
-
O PP súmase á demanda dunha "casa de cultura digna " para Salcedo
Por Redacción |