Unha avaría no bombeo de augas residuais de Vilalonga provoca unha vertedura á ría
Por Oskar Viéitez
A concesionaria de saneamento de Sanxenxo, Espina y Delfín, traballa de urxencia nunha avaría detectada no bombeo de augas residuais de Arnosa, na parroquia de Vilalonga, para frear a vertedura á ría.
A rotura dunha das tubaxes de impulsión obrigou a paralizar a bomba para frear un posible escape, pero os operarios esperan que ao longo do día de hoxe quede solucionado.
A complicación da reparación céntrase na profundidade da tubaxe e na detección do punto de fuga.
Espina y Delfín ultima tamén a reparación da tubaxe de abastecemento xeral que sufriu unha rotura e asolagou a rotonda de Fontoira, á entrada do municipio.
Nos próximos días procederase ao asfaltado e reposición estética do espazo.