A Garda Civil detén un vilagarcián polo roubo dun motor fueraborda en Vilanova
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil detivo a un veciño de Vilagarcía de Arousa, de 40 anos, como presunto autor dun delito de roubo do motor fueraborda dunha embarcación. Investígase a outra persoa como suposto autor dun delito de receptación pola compra do motor subtraído.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos sucederon o pasado mes de maio de 2019, que foi cando o detido substraeu un motor Yamaha valorado en 12.000 euros, do interior dun recinto pechado nunha empresa situada en Vilanova de Arousa.
As distintas pescudas levadas a cabo no marco da operación Hélice, polo Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, en colaboración co Posto da mesma localidade, permitiron, meses despois da súa subtracción, dar co paradoiro do motor fueraborda.
O motor atopábase en poder doutro veciño de Vilanova de Arousa, de 49 anos de idade, que resultou investigado como suposto autor dun delito de receptación, ao comprar o motor sen ningún tipo de documentación.
As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de Garda de Vilagarcía de Arousa.
O detido foi posto en liberdade coa obrigación de comparecer diante da Autoridade Xudicial cando sexa requirido.