
© Xunta de Galicia
Novas medidas de contención da Xunta, que regula a actividade de talleres de reparación

Por Natalia Puga
O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) creado pola Xunta de Galicia para fracer fronte ao coronavirus mantivo este domingo unha nova reunión na que que aprobou novas medidas de prevención e concretou as xa aprobadas nos últimos días. Todas entrarán en vigor este luns 16 de marzo.
A xuntanza, presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, serviu, polo tanto, para concretar que se suspende a actividade económica dos concesionarios de venda de automóbiles e que os establecementos que combinen reparación con venda de vehículos soamente poderán realizar a actividade de reparación.
Así mesmo, suspéndense as actividades económicas correspondentes a academias, autoescolas e salóns de peiteado, con excepción da prestación a domicilio desta últimas para garantir o servizo. Tamén regula que poderá seguir realizándose o labor dos gabinetes de psicoloxía e pedagoxía.
Ante as consultas formuladas á Xunta desde distintos sectores, o texto que se publicou este luns no Diario Oficial de Galicia aclara tamén que poden permanecer abertas actividades sanitarias e de servizos sociais -entre elas, actividades hospitalarias, médicas e odontolóxicas, asistencia en establecementos residenciais-; actividades financeiras e de seguros; actividades profesionais, científicas e técnicas; actividades administrativas e servizos auxiliares; e asistencia en establecementos residenciais con coidados sanitarios.
Tamén poderán abrir de forma autorizada os establecementos dedicados a actividades de servizos sociais sen aloxamento; reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico; lavado e limpeza de prendas téxtiles e de pel; pompas fúnebres e actividades relacionadas; fisioterapeutas; e técnicos de reparación e mantemento.
A reunión tamén serviu para determinar que a Xunta blinda os servizos básicos ás persoas sen fogar e velará pola apertura de todos os albergues sociais para que as persoas sen fogar poidan dispor dun servizo de pernoita, extremando as precaucións na liña das recomendacións das autoridades sanitarias. As cociñas económicas e comedores sociais deberán manter o seu funcionamento habitual, tomando as medidas necesarias para que se limite a presenza simultánea de comensais a un terzo do aforo, e reforzando o subministro de comida para o consumo fóra do centro.
Os centros de atención social continuada manterán a súa actividade tomando as medidas necesarias para que se limite a presenza simultánea de persoas usuarias a un terzo do aforo. Os centros de día de inclusión social suspenderán a súa actividade regular durante o período de emerxencia sanitaria, agás os servizos de mantemento da hixiene -como ducha ou lavandería- e os servizos de calor e café.
Por outra banda, as visitas aos centros residenciais de servizos sociais (como, por exemplo, residencias de persoas maiores ou con discapacidade) quedan restrinxidas agás en casos excepcionais debidamente autorizados pola dirección do centro.
En relación coa suspensión da actividade comercial minorista, inclúense dentro das excepcións as ópticas; a actividade das lonxas; e comercio ao retallo de ferraxería, pintura e vidro en establecementos especializados, en tanto que se trata de actividades que deben subministrar ao sector primario, gandeiro, pesqueiro e agrícola elementos necesarios para a súa actividade. Tamén estarán permitidos os servizos que ofrecen os veterinarios, tanto das empresas privadas como dos servizos oficiais.
Así mesmo, o documento precisa que todos os establecementos comerciais de primeira necesidade terán liberdade horaria, para fixar sen limitacións o peche e a apertura dos seus establecementos comerciais.
En relación co Camiño de Santiago, e como consecuencia do peche de albergues da rede pública: actívase un servizo de acollida provisional no albergue público do Monte do Gozo, en Santiago, para aos peregrinos que se atopen en tránsito e mentres non dispoñan doutros medios de regreso ou aloxamento.
Por último, non estarán permitidas as actividades de uso público no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas e suspéndese a realización de queimas nos terreos rústicos
Relacionadas:
-
As prácticas L con luvas, máscaras, reiteradas desinfeccións e con exames en agosto
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Feijóo pide ao Goberno que busque fórmulas para que os nenos poidan saír de forma "ocasional"
Por Natalia Puga |
-
Seis colectivos sanitarios reclaman ao Goberno que reconsidere a súa situación polo coronavirus
Por Marisa Ciordia |
-
Información de utilidade durante a emerxencia sanitaria en Galicia
Por Redacción |
-
Buscan hoteis que sexan "aptos" para a atención a pacientes con coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
O Camiño dá por perdida a campaña de Semana Santa, pero as reservas do verán mantéñense
Por Manu Otero |
-
Correos adapta o seu horario ás restricións do estado de alarma e abre tres horas ao día
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Sergas reprograma consultas, probas diagnósticas e cirurxías nos hospitais
Por Natalia Puga |
-
A Xunta dá liberdade horaria aos establecementos de alimentación e garante o tratamento do lixo
Por Natalia Puga |
-
A Xunta cerra todos os locais públicos agás tendas de alimentación e farmacias e regula os funerais
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Núñez Feijóo abre a porta a suspender as eleccións galegas: "Son absolutamente secundarias"
Por Alejandro Espiño |
-
Educación suspende as clases en Galicia polo coronavirus
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga | Creada e actualizada