Os salóns de peiteado de Pontevedra xa non abrirán: só poderán traballar a domicilio
Por Natalia Puga
Unha das cuestións que máis ten dado que falar desde que o sábado o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, deu a coñecer os detalles do estado de alarma decretado a nivel estatal foi que se permitía a apertura dos salóns de peiteado. A controvesia estaba servida e as redes sociais ardían entre os partidarios e detractores da medida, todos coa vista posta en que farían finalmente os propietarios destes negocios este luns. Ese momento xa non será unha incerteza, pois o Gobienro rectificou e a apertura xa non está permitida
A intención inicial do Gobieno era abrilas alegando cuestións de hixiene e que moitas persoas de idade avanzada ou dificultades de mobilidade tíñanas como un recurso para lavarse a cabeza. Finalmente, tras a controversia social e a oposición de varios presidentes autonómicos, entre eles, Alberto Núñez Feijóo, titular da Xunta de Galicia, rectificou.
Entre outras cuestións, os profesionais contrarios á apertura alegaban que nestes negocios resulta imposible manter as distancias de seguridade recomendadas cos clientes. De feito, a patronal de perruqueiros e a Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) pedían o peche alegando un risco de contaxio elevado.
Finalmente, iso si, o Goberno seguirá garantindo o servizo ao que apelaban desde o principio para garantir a hixiene de persoas con dificultades de mobilidade, pois se manterá a actividade a domicilio.
Queda saber cantas e cales serán os salóns de peiteado de Pontevedra que se sumarán a prestar este servizo. De momento, unha delas, Arume, da rúa Cobián Rofignac, xa anunciou a través da súa conta de Facebook, que se ofrecía a prestar ese servizo.
Relacionadas:
-
Primeiro día laborable con estado de alarma: menos xente pola rúa e establecementos con distancia de seguridade
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
A Xunta dá liberdade horaria aos establecementos de alimentación e garante o tratamento do lixo
Por Natalia Puga |
-
O comercio bota a persiana, pero permitiranse salóns de peiteado, tinturerías e ópticas e a venda por Internet
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada