Aprazan o Festival de San Patricio e os actos do Entroido de Salcedo
Por Redacción
A xunta directiva do Mareantes Rugby Club, organizadores do Festival Galaico Irlandés de San Patricio, decidiu aprazar a celebración da décima edición deste evento que estaba prevista para as xornadas do 17 ao 22 de marzo.
O club, a través dun comunicado, sinala que non sería responsable manter a celebración dun evento pechado que xunta milleiros de persoas ante a situación que se deriva do espallamento do coronavirus. Os organizadores atenden as recomendacións realizadas polo Concello de Pontevedra e polas autoridades sanitarias para evitar un potencial punto de risco de contaxio.
A decisión xa foi trasladada á concellería de Promoción Económica que lidera Yoya Blanco, que amosou o seu apoio e disposición á directiva para encaixar o festival nunha nova data. Inicialmente, está previsto que o Festival se traslade ás xornadas que van do 14 ao 19 de abril, pero se poderá alterar esta previsión segundo o que establezan as autoridades sanitarias.
ENTROIDO DE SALCEDO
Tamén a Sociedade Cultural e Deportiva de Salcedo decidiu aprazar todas as actividades previstas con motivo do Entroido de Salcedo 2020 ata novo aviso. Tamén neste caso atenden ás recomendacións sanitarias en relación co virus Covid-19.
A organización indica que ao longo dos vindeiros días vai tomarse unha decisión para saber a que novas datas se poden trasladar as actividades previstas que ían iniciarse este sábado 14 de marzo.
Relacionadas:
-
Chega o Samaín Fest, festa herdeira de San Patricio para recadar fondos para o Mareantes Rugby Club
Por Redacción |
-
VIDEO.- O motivador vídeo co que o Pontevedra Rugby Club reflexiona sobre os valores deste deporte
Por Redacción |
-
Consenso na noite de Pontevedra, que pecha para conter o avance do coronavirus
Por Manu Otero & Diego Torrado |