Educación suspende as clases en Galicia polo coronavirus
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os colexios de Galicia pecharán polo coronavirus. A medida, que se adopta por prevención., foi anunciada pola Xunta de Galicia que, a través do departamento de Educación, ordenou suspender as clases en toda a comunidade.
Desde mañá venres non será obrigatorio que os estudantes acudan aos centros educativos e, desde o luns, todos os colexios, institutos e universidades, tanto de carácter público como privado, deberán estar pechados.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a medida será de aplicación durante 14 días e afectará tamén as actividades extraescolares. Durante estas dúas semanas irán tomando decisións sobre se continuará a medida. O mandatario autonómico recoñece que é "pesimista", pero non quere adiantar decisións, pois "14 días é un criterio prudente" e, de momento "pode ser suficiente".
Feijóo compareceu ante os medios de comunicación tras a reunión do Consello da Xunta e anunciou máis medidas "de carácter preventivo" que se adoptan, segundo explicou, usando "criterios de prudencia" para tentar frear o avance do coronavirus en Galicia.
No Centro Asociado da Uned de Pontevedra aplicouse o protocolo e manterá o servizo ao seu estudantado a través de medios telemáticos en relación co profesorado. Non se impartirán titorías presenciais, serán telemáticas. Van manterse pechadas ao público a biblioteca, librería e cafetería. Suspéndense as prácticas presenciais e aconséllase ao alumnado que usen a atención telefónica e o correo electrónico malia que se manteña aberta a atención ao público e o rexistro na sede de Monte Porreiro.
Así, tamén se decidiu o peche de museos, bibliotecas e arquivos de competencia autonómica e impóñense limitacións para os actos públicos. Nos celebrados en espazos ao aire libre limitarase o aforo a 500 e en espazos pechados a regra xeral será limitar a asistencia a 50 persoas, pero se o tamaño do local é maior, permitirase que asistan unha persoa por cada tres das que ten capacidade o lugar, é dicir, dun aforo de 900, só poderán acudir 300.
O goberno galego tamén acordou medidas nos centros sanitarios, nos que se limitou a asistencia a un acompañante por paciente e non se permitirán as visitas de persoas que teñan síntomas respiratorios ou febre. Tamén se potencian as visitas a través de internet e por teléfono e suspéndense as visitas de visitadores médicos e farmacéuticos.
Ademais, suspéndense todas as prácticas de estudantes de ciencias da saúde en centros sanitarios e adóptanse medidas en materia de política social como pechar os centros sociocomunitarios e limitar o acceso a centros sociais e residencias a maiores de 70 anos ou a aquelas persoas de meos idade que teñan patoloxías cardíacas ou respiratorias.
Relacionadas:
-
Estudantes de Publicidade e RRPP da Uvigo combaterán as noticias falsas con vídeos divulgativos
Por Redacción |
-
Educación atrasa a selectividade e será, en principio, entre o 22 de xuño e o 10 de xullo
Por Alejandro Espiño |
-
'O máis importante é a vida', o videoclip do alumnado do CEIP Carballal para loitar contra o coronavirus
Por Sara Iglesias |
-
A UNED crea un portal web para a formación online desde casa con motivo do estado de alarma
Por Sara Iglesias |
-
Eu quedo na casa... e estudo
Por Oskar Viéitez |
-
Novas medidas de contención da Xunta, que regula a actividade de talleres de reparación
Por Natalia Puga |
-
Os ximnasios tamén pechan debido ao avance do coronavirus
Por Redacción |
-
Os cinemas súmanse á fervenza de peches de locais de lecer de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva suspende a súa actividade e pecha a residencia polo coronavirus
Por Redacción |
-
Representantes sindicais no Provincial e Montecelo piden á xerencia máis persoal para enfrontarse ao COVID-19
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra tamén pecha ata novo aviso polo coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
Os concellos tratan de blindarse ante a expansión do coronavirus en Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra pecha polo coronavirus as súas instalacións deportivas e centros sociocomunitarios
Por Alejandro Espiño |
-
O coronavirus obriga a suspender o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Núñez Feijóo abre a porta a suspender as eleccións galegas: "Son absolutamente secundarias"
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello activa un protocolo para combater a expansión do coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación cancela polo coronavirus os eventos "masivos" e recomenda evitar "consultas presenciais"
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Pastor, positivo por coronavirus tras varios días de corentena na casa
Por Alejandro Espiño |