Renovación de contedores e aumento na recollida de lixo en Ponte Caldelas
Por Redacción
O concello de Ponte Caldelas renova todos os contedores amarelos do termo municipal, ademais de aumentar o seu número en 20 depósitos, facendo un total de 70 para todo o municipio. Os novos contedores disporán de dúas aberturas na parte superior que facilitará a entrada dos plásticos.
A periodicidade da recollida de lixo, que ata agora realizábase cada 15 días, tamén incrementará e pasará a ser semanal, deixando os mércores como día estipulado para a recollida de plásticos.
As melloras a realizar non terán repercusión económica para os cidadáns xa que seguirán pagando a taxa correspondente dos últimos catro anos que, no caso de Ponte Caldelas, cobre aproximadamente o 50% do custo real do servizo, segundo a información do Concello.
Nesta liña, o Concello de Ponte Caldelas tamén prevé un cambio de todos os contedores verdes distribuídos polo rural para os próximos meses.