Un home de 47 anos, ferido nun accidente de tráfico entre varios turismos na ponte da Illa de Arousa
Por Redacción
Un home de 47 anos, que responde as iniciais M. S. C., resultaba ferido leve nun accidente múltiple que se producía durante a noite do luns a este martes 10 na Illa de Arousa.
Ata catro vehículos impactaban cando circulaban pola PO-307 na ponte da Illa. Ata o lugar desprazábase unha ambulancia do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados.
O ferido foi evacuado, pola ambulancia do 061, ao Hospital do Salnés e queixábase de dor cervical e lumbar. O resto de ocupantes dos vehículos implicados no sinistro non precisaron de atención sanitaria.