Marín súmase á eliminación da "basuraleza" organizando unha recollida no Lago Castiñeiras
Por Redacción
A vila marinense súmase á campaña de recollida de lixo en espazos naturais organizada por Ecoembes e SEO/Birdlife. A actividade levaráse a cabo no Lago Castiñeiras este martes, 10 de marzo, a partir das 10:30 horas, e estará aberta á participación voluntaria da cidadanía. Ademais, contará coa colaboración do voluntariado da Fundación Juan XXIII.
O obxectivo de esta iniciativa basease en achegar a recollida de "basuraleza" aos espazos verdes dos municipios e animar á cidadanía e a colectivos sociais a participar. O termo "basuraleza" que se emprega na campaña fai referencia aos residuos que pasan a formar parte da paisaxe natural e que supoñen un importante impacto ambiental.
A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, que asistirá á recollida do próximo martes 10 de marzo, calificou o Lago Castiñeiras como "unha das nosas zonas verdes máis importantes" e "o lugar idóneo para levar a cabo esta actuación de concienciación". A alcaldesa María Ramallo tamén ten previsto participar nesta actividade.