O PP pide o arranxo do pavillón de Verducido
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra rexistrou unha moción que defenderá no próximo pleno municipal solicitando ao goberno local o arranxo do pavillón de deportes da parroquia de Verducido.
Para o seu portavoz, Rafa Domínguez, esta instalación deportiva é "entre todos os espazos municipais destas características, dos que xeran maior bochorno e atópase nun peor estado".
Segundo o representante popular o Concello "segue empeñado en facernos crer que as instalacións deportivas municipais están en perfecto estado", pero "non creo que sexa capaz de defender o estado deste espazo ante os veciños que tanto nos reclamaron o abandono ao que está a ser sometido a súa parroquia".
Na súa exposición Domínguez apela ao responsable da concellería de Deportes a que se comprometa a arranxar o pavillón de Verducido "antes de facer outras obras como un pavillón para o tenis de mesa, que non require de tanto présa", defendeu.
Esta proposición encádrase dentro das propostas que os populares rexistraron tras realizar unha rolda de contactos polas parroquias do municipio.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez pide investir medio millón de euros en arranxar o Miradoiro de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O PP de Pontevedra cualifica de "inxusto" o anuncio da creación dun novo pavillón deportivo
Por Redacción |
-
O tenis de mesa terá un pavillón específico en Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |