Poñen sobre a mesa a Axenda Feminista Galega, o resultado do traballo que levan realizando desde fai tres anos. Neste tempo estiveron avaliando as políticas de igualdade da Xunta de Galicia, e integrando diferentes áreas de acción e consecución. O documento inclúe vinte e cinco prioridades que á súa vez teñen dúas máximas: "dotalas de orzamento para traballar con rigorosidade e dispoñer de persoal preparado, cualificado e con perspectiva feminista. Hai que conseguir a eficiencia e para iso son imprescindibles estes dous últimos requisitos".
Esta Axenda están a facela chegar ás formacións políticas que concorren ás eleccións autonómicas de abril. É neste contexto pre electoral, no que retomaron o lema "Se non conto, non te voto". Aclaran nas Conversas na Ferrería que non é un chamamento á abstención, senón á análise dos contidos políticos que se presentan para que logo procedan a exercer ese dereito en conciencia.