O Concello de Marín inicia en Santo Tomé de Piñeiro o seu plan de mellora de camiños rurais
Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Marín aprobou este mércores o plan de mellora de camiños rurais para os dous próximos anos para cuxa execución contan con fondos europeos. A primeira actuación afectará á estrada que conecta os núcleos de Troncosa e Candóns, na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro, unha obra que ten un prazo dun mes de execución e un orzamento de 38.600 euros.
Desde o goberno local outorgan unha gran importancia a este tipo de vías que en moitas casos resultan o unico medio de accesibilidade a moitas parcelas. Esta primeira obra consistirá en mellorar o pavimento a través da extensión dunha nova capa de rodadura. Ademais, levará a cabo a limpeza e roza de paseos e cunetas para favorecer o desaloxo das augas pluviais.