O CEIP A Xunqueira presenta ante Lores o proxecto: 'O alcalde e Pontevedra'
O CEIP A Xunqueira recibiu a visita do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, con motivo do proxecto 'O alcalde e Pontevedra'.
O profesorado e alumnado do centro gravaron un vídeo no que os rapaces contaban o que máis lles gustaba sobre a cidade de Pontevedra. Algunhas das cousas máis citadas foron as prazas, as festas ou o loro Ravachol.
Tras a presentación do vídeo Lores deu un discurso sobre a situación actual da cidade e como pretende que evolucione nos próximos anos.
Tamén houbo tempo para unha rolda de preguntas na que os nenos presentaban as súas dúbidas ao rexedor. O alcalde respondeu a preguntas como 'Que che gusta de ser alcalde?' ou 'Por que decidiches ser alcalde?', entre outras. O mandatario contestou que unha das cousas que máis lle gusta é coñecer xente en eventos como o que estaba a ter lugar no centro escolar.
A visita finalizou cunha sesión fotográfica na que as diferentes clases pousaban xunto a Lores como recordo da súa vista.