Luis Miguel Lamas, número dous na lista de Ciudadanos por Pontevedra
Por Redacción
A lista de Cidadanos na provincia está liderada pola xornalista e ex deputada no Parlamento español, Beatriz Pino Ocampo, que encabezara a lista da formación laranxa para as eleccións xerais celebradas en novembro de 2019, despois de ser deputada na anterior lexislatura.
Pino, neste momento, é integrante da xestora nacional e exerce como a representante autonómica de Ciudadanos en Galicia. Como segundo da lista cremalleira presentada por esta formación atópase Luís Miguel Lamas Pérez, empresario pontevedrés, que estivo na formación desde a etapa na que María Rey alcanzou representación na corporación municipal de Pontevedra sendo responsable de deportes na executiva local.
Luís Miguel Lamas figurou como número 8 na lista encabezada por Goyo Revenga para as seguintes municipais e é responsable actualmente da área de Cidadanía e Loxística. Tamén formou parte da lista de Ciudadanos ao Senado nas últimas eleccións no número tres.
A viguesa Raquel Álvarez Mera ocupa o terceiro posto na lista da agrupación, seguida polo concelleiro da Lama, Andrés Cal Malleiro. O quinto posto na lista de 23 integrantes é para María Fátima Iglesias Barreiro.