Galicia en Común sitúa os pontevedreses Iria Figueroa e Marcos Cal como números 2 e 3 da súa candidatura
Por Alejandro Espiño
Galicia en Común, a coalición que presentan ás eleccións galegas Podemos, Esquerda Unida, Anova e formacións municipalistas como Compostela Aberta e Marea Atlántica, deu a coñecer, o día que pechaba o prazo para rexistralas, a candidatura que presentarán por Pontevedra o próximo 5 de abril.
A cabeza de lista será Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, á que seguirán dous pontevedreses, a responsable do sindicato estudantil Erguer, Iria Figueroa, e o actual deputado Marcos Cal, en representación de Anova e Podemos respectivamente.
Tras eles, Galicia en Común situou a Verónica Hermida Longa (Vilagarcía), Ramón Anxo Lareu Riveiro (Vigo), Estela Miller Fernández (Vigo) e outra das actuais deputadas da esquerda rupturista, a pontevedresa Julia Torregrosa.
Os dez primeiros postos complétanos Catuxa López Pato (O Rosal), Óscar González Álvarez (Vigo) e Juan Lamelas Alfonso (O Grove), aos que seguen Moraima Pérez Miguez, María José Rodríguez Rosales (Sanxenxo), Carlos Vidal Vázquez e Nuria Andión Rodríguez (Gondomar).
Xoán Álvarez Rodríguez (Vigo), Sonia Pazos García (Pontevedra), Andrés García Bastón (Cangas), María del Mar Moreira Dopazo (Pontevedra), Lino Antonio Costas Vila (Ponteareas), Carmen Peña Hernández, Aarón Franco Outón (Marín) e Iria Rodriguez Leirós (Vigo) completan a candidatura.
Galicia en Común destaca que a súa candidatura por Pontevedra é "plural e diversa" e nela conviven homes e mulleres de diferentes traxectorias profesionais e políticas que comparten unha reflexión fundamental, que Galicia debe contar con "peso político " no Estado e a Xunta traballar para ofrecer "xustiza e igualdade" a todos os galegos.
Relacionadas:
-
Yolanda Díaz: "darlle o voto a dereita cavernícola é a garantía de que non imos ter futuro"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Galicia en Común defende en Sanxenxo que o Servizo de Axuda no Fogar debe ser público
Por Redacción |
-
Galicia en Común ve un "fiasco" o novo Montecelo: "É unha privatización encuberta"
Por Alejandro Espiño |
-
Lupe Murillo repetirá, como número 5, na candidatura do PP ás eleccións galegas
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG confirma a Alexandra Fernández e Manu Lourenzo para a súa candidatura por Pontevedra
Por Redacción |
-
O PSOE defenestra tamén a María Pierres e coloca a Paloma Castro de número 3 para o 5A
Por Redacción & Natalia Puga |