35 estudantes de intercambio cursarán o segundo cuatrimestre no campus de Pontevedra
Debido ao inicio do segundo cuatrimestre, unha decena de estudantes de intercambio foron recibidos na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. O alumnado, maioritariamente procedente de América do Sur, terminará este curso na cidade.
A vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, María Isabel Doval, deulles unha breve explicación sobre a vida en Pontevedra e algúns aspectos a ter en conta sobre a súa estadía.
O novo alumnado recibiu información sobre todas as actividades que poden realizar como estudantes da Universidade de Vigo, na que todo o persoal presente na reunión salientou o importante papel que ten o deporte na cidade e o seu poder para coñecer a xente nova.
Doval explicou ao estudantado a situación do campus de Pontevedra, "un campus urbano", nunha cidade que foi premiada varias veces polo seu modelo.
Aproveitando que a maioría de estudantes proceden de América do Sur, a vicerreitora quixo salientar que Galicia é unha rexión de emigrantes
Ademais, empuxou os estudantes a visitar os outros dous campus da UVigo, salientando que o Campus de Vigo, encóntrase nun "bellísimo entorno y con muchísimo movimiento de estudiantes".
Aproveitando que a maioría do alumnado procede de América do Sur, a vicerreitora quixo salientar que Galicia é unha rexión de emigrantes e que está tremendamente agradecida aos seus países porque foron a segunda casa de moitos galegos que, polas circunstancias tiveron que emigrar. "Nuestros países son hermanos" dixo Doval.
Debido a alarma xerada polo coronavirus, a vicerreitora quixo quitarlle importancia informando os estudantes de que en Galicia non existe ningún caso e as precaucións que teñen que tomar no caso de que puideran encontrarse mal.
O personal da universidade tamén informou os estudantes da existencia da Unidade de Igualdade, na que se tratan cuestións de xénero e na que o alumnado pode formar parte participado nos seus programas de voluntariado e nos 'Puntos Lila', que se instalan durante as festas en Pontevedra e aos que as mulleres poden achegarse se están a sufrir algunha situación de abuso ou senten medo.
Ao finalizar a charla, os estudantes fixeron unha visita guiada pola facultade e foron invitados a un aperitivo por parte da universidade para celebrar a súa chegada.
En total, hai 35 estudantes de intercambio que rematarán este curso no campus de Pontevedra. En Vigo, a cifra ascende ata os 182 e en Ourense son 29.