Escala do Buque Escola "Creoula" da Mariña de Guerra de Portugal en Marín
Por Redacción
Este mércores atracou na dársena da Escola Naval Militar o Buque Escola da Mariña de Guerra de Portugal Creoula, coa intención de efectuar ata o xoves unha escala de rutina loxística en Marín, para dar descanso á súa dotación, e continuar posteriormente a realización dun programa de colaboración universitaria, no que participan alumnos da universidade de Oviedo, da universidade de Porto e Guardiamarinas de la Marina Portuguesa.
A Creoula ao mando do seu comandante o Captain Cruz Martins, ten unha dotación composta por 9 oficiais, 6 suboficiais, 26 mariñeiros e 52 alumnos.
O Creoula é unha goleta de catro mastros construída en 1937, na Companhia União Fabril (CUF) estaleiros de Lisboa para Geral Parceria empresa pesqueira. Foi preparada para poder pescar nos mares xeados de Terra Nova e Groenlandia, realizou 37 expedicións de pesca, a última delas en 1973.
En 1979 foi comprada polo Secretario de Estado de Pesca para converterse nun museo da pesca, pero durante as reparacións, observouse que o casco estaba en excelentes condicións, polo que se decidiu manter en activo o barco, converténdose así no buque escola da Mariña portuguesa.