Cuntis premia a traxectoria da hostaleira Merchi 'A do Traspaso' dedicándolle a gala do Chapante
Por Redacción
A gala do Chapante, a cita que precede á celebración da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis, servirá para recoñecer a traxectoria de Merchi Aboy, que rexenta o Traspaso, un histórico local da vila termal coñecido polas súas tapas e comidas.
O evento está previsto para as 21 horas deste venres no Centro Patelas. As razóns polas que o goberno local decidiu dedicarlle a xornada a esta hostaleira débense a que desde moi nova destacou pola súa capacidade de traballo e a súa traxectoria nos restaurantes da vila, pero foi no Traspaso no que alcanzou a popularidade. Sobre todo a súa cociña, da que ninguén sabe se decantarse pola zorza, as luras, a tortilla ou o xamón asado porque, din, "todo está buenísimo".
"Merchi é un alicerce da vila termal que co seu xenio pero sobre todo co seu gran corazón fai que ou seu local sexa un deses lugares que debes visitar se ves a Cuntis”, declarou o alcalde Manuel Campos para xustificar este recoñecemento.
A gala será redondeada cunha actuación do grupo Chumpá Teatro.
Relacionadas:
-
A despedida do Entroido sabe a lacón con grelos en Cuntis
Por Redacción |
-
Unha divertida Gala do Chapante quenta os motores para a Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción |
-
Cuntis bótase á rúa para celebrar o Entroido
Por Redacción |
-
Catorce establecementos concorren esta fin de semana no Tapalacón de Cuntis
Por Redacción |
-
A Gala do Chapante abre a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis
Por Redacción |