Ferido de gravidade un home en Moraña tras caer dunha escaleira
Por Redacción
O servizo de helicóptero de emerxencias do 112 trasladouse ata o lugar do Souto en Moraña para trasladar un Hospital de Santiago a un home que se precipitaba dende unha escaleira de man cando estaba a limpar os cristais da vivenda dun veciño.
Segundo informaba Protección Civil de Moraña, o home de preto de 70 anos de idade e de constitución corpulenta perdeu o equilibrio dende unha altura de 1,20 metros e caía en prancha cara a atrás golpeando a caluga contra o chan. Realizouse un corte na base da cabeza e ata a zona tamén se trasladou unha ambulancia do servizo de emerxencias. O home encontrábase inconsciente e coas constantes vitais estables polo que foi trasladado a un centro hospitalario de Santiago de Compostela para observar o alcance da ferida.
Ata o lugar, ademais de efectivos de Protección civil e de Emerxencias, tamén se desprazaron axentes da policía local de Moraña.