Investigan o violento asalto a unha familia na súa casa de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez
A Policía Nacional investiga o violento asalto sufrido por un matrimonio e a súa filla, de 14 anos, na súa vivenda en Renza, en Vilagarcía, na madrugada do pasado luns.
Catro persoas saltaron o muro da leira, rebentaron a porta da casa e entraron no inmoble armados e co rostro tapado.
Unha vez dentro os asaltantes maniataron a todos os membros da familia e distribuíronos en habitacións diferentes, os amordazaron e golpearon repetidamente ao home para que lles dixese onde escondía o diñeiro, ameazándolle con cortar os dedos dunha man á súa filla se non colaboraba.
Levaron un botín duns 20.000 euros, ademais de xoias e outros obxectos de valor. O asalto durou preto das dúas horas.
Crese que puideron usar inhibidores de frecuencia para anular os teléfonos móbiles das vítimas e veciños.
O home tivo que recibir asistencia sanitaria no Hospital do Salnés.
Na súa denuncia, este home que ten negocios de carnicería e unha gandería cabalar, detallou que os asaltantes ían fortemente armados e tiñan "acento estranxeiro", que identificou como dalgún país de Europa do Leste.