Trasladan un motorista ferido ao Hospital do Salnés tras unha caída en Castrelo
Por Redacción
Un motorista sufría na tarde deste martes de Entroido un accidente de tráfico cando circulaba por Xesteira, na parroquia de Castrelo no municipio de Cambados.
Por causas que se descoñecen o piloto perdía o control do vehículo e caía da motocicleta. O servizo de Emerxencias de Protección Civil de Cambados achegábase ata a zona para o socorrer o home.
O ferido, que responde as iniciais J.B.G., foi evacuado ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061. O motorista queixábase de dor costal e presentaba feridas en pé e brazo.