O Museo Manuel Torres expoñerá a "Historia dos símbolos de España"
Por Redacción
A "Historia dos símbolos de España" poderá seguirse en Marín a través da exposición que acollerá o Museo Manuel Torres desde o venres 28 de febreiro ata o día 29 de marzo.
Trátase dunha mostra comisionada pola Asociación Retógenes (Amigos da Historia Militar).
Esta asociación posúe reconstrucións, nalgúns casos a tamaño real, das bandeiras que forman parte da historia do estado, ademais de bustos e miniaturas realizados por eles mesmos recreando figuras históricas, unha colección de moedas e unha serie figuras de Playmobil customizadas recreando as diferentes etapas históricas.
Con todo este material perséguese segundo a asociación "poder mostrar a historia dos nosos símbolos, desmitificándoa e eliminando moitos dos mitos que se foron creando co paso do tempo".
A inauguración da exposición está prevista para o venres 28 de febreiro ás 19:00 horas.