María Sancho mergullouse na caligrafía en Estados Unidos, onde exerceu de profesora de Arte. Unha disciplina, que como conta no Cara a cara, tivo o seu renacemento en Inglaterra a comezos do século pasado. Descubrimos con ela a derivación que a caligrafía tivo na informática, a través dun nome tan propio e referencial como o de Steve Jobs.
Detalla tamén en PontevedraViva Radio os beneficios que reporta a práctica da caligrafía para os seus prácticantes de menor ou maior idade: desde a motricidad, pasando por outras disciplinas curriculares ata beneficios para a saúde cerebral e a interacción social. Por iso recomenda o seu exercicio e imparte cursos.
Esta calígrafa artística fálanos ademais de tipografías, escritura ou de lettering, que define como "letras debuxadas" e fai esta comparativa: "a caligrafía é como a música en vivo e o lettering sería a música gravada. As dúas son preciosas, pero diferentes".