María Isabel Alonso de Linaje Calzada é a nova xefa provincial de Tráfico
Por Redacción
María Isabel Alonso de Linaje Calzada é o novo xefe provincial de Tráfico da provincia de Pontevedra. Substitúe no cargo a María Victoria Gómez Dobarro, que ocupa actualmente o cargo de coordinadora da DGT en Galicia.
Licenciada en Dereito, a nova responsable provincial de Tráfico pertence á Escala Superior de Técnicos de Tráfico. No ano 1996 incorporouse á Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, onde veu desempeñando diversos postos relacionados con asuntos xurídicos, seguridade vial e coordinación da tramitación administrativa.
Impartiu numerosos cursos en relación co procedemento sancionador, educación e seguridade vial, organizados pola DGT, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil, a Academia Galega de Seguridade e outras institucións e entidades.
Relacionadas:
-
Cada día 14 pontevedreses son 'cazados' baixos os efectos do alcohol
Por Oskar Viéitez |
-
María Victoria Dobarro toma posesión como a nova coordinadora da DGT en Galicia
Por Redacción |
-
A Garda Civil de Pontevedra detecta un incremento do número de vehículos que circulan sen ter pasada a ITV
Por Oskar Viéitez |