O Concello de Pontevedra adhírese ao programa Depotermal de asistencia a balnearios
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou na súa reunión deste luns a adhesión ao programa Depotermal, da Deputación de Pontevedra.
Este plan ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, mediante un programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco mañás ou tardes consecutivas (1.248 prazas) ou na modalidade de pernoita en réxime de pensión completa, de domingo a venres (3.186 prazas)
Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade.
As solicitudes presentaranse de forma individual, é dicir, unha solicitude por persoa, de maneira que as persoas que desexen ir acompañadas deberán presentar a súa solicitude individualmente, indicando no apartado de observacións con quen desexan participar conxuntamente no programa.