Costas asegura que ENCE non ocupará os terreos de Elnosa
Por Oskar Viéitez
Representantes da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) mantiveron este venres un encontro co xefe do Servizo Provincial de Costas en Pontevedra, Enrique Fernández, que lles asegurou que ENCE non ocupará os 12.587 metros cadrados da clorera.
Segundo a información que a APDR trasladou desta entrevista co xefe do Servizo Provincial de Costas tamén lles indicou que espera que o proceso de desmantelamento de Elnosa se faga no prazo de tempo máis curto posible.
Tamén lles dixo, segundo a versión trasladada pola APDR, que este departamento do Ministerio de Transición Ecolóxica descoñece cando empezará o desmantelamento e a descontaminación dos terreos que aínda ocupa Elnosa.
Ese proceso será supervisado pola Consellería de Medio Ambiente, que é a administración que aprobou o plan de descontaminación presentado polo grupo Bondalti, propietario de Elnosa, para a recuperación deste terreo público, incluíndo o subsolo.
Relacionadas:
-
ENCE alerta nun informe interno de verteduras de mercurio á ría procedentes do desmantelamento de Elnosa
Por Redacción |
-
Elnosa destinará 2,6 millones a descontaminar os terreos que ocupaba en Lourizán
Por Alejandro Espiño |
-
Elnosa inicia o proceso para desmantelar a súa fábrica en Lourizán
Por Alejandro Espiño |
-
O Estado rexeita o plan de descontaminación do solar de Elnosa por ser "incompleto e defectuoso"
Por Redacción |
-
Carme da Silva pide ao Goberno que esixa a Elnosa a recuperación ambiental dos terreos de Lourizán
Por Redacción |