O viño novo xa reina en 15 establecementos de Pontevedra, Santiago e Vigo
Por Redacción
Pontevedra acolle a partir deste venres a terceira edición da Festa do Viño Novo, que oferta 305 botellas de tinto de Cambados a todos aqueles que se acheguen ata os 15 establecementos implicados ata esgotar existencias.
O evento, impulsado por un grupo de hostaleiros e comerciantes pontevedreses en colaboración coa Concellería de Promoción Económica e Turismo, pretende poñer en valor a cultura do viño e seu consumo como produto cultural, tradicional e, consumido con moderación, saudable.
O viño que se vai distribuír foi elaborado polo enólogo Xurxo Alba, da bodega Albamar, cun 50% de Caíño e un 50% de Mencía. Trala súa fermentación, criouse durante catro meses en barricas de carballo francés usadas e, despois do embotellado, deixouse repousar durante tres semanas.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, define o caldo como un tinto fresco, de baixa gradación alcohólica e fluído, ideal para compartir e para gozar coa gastronomía pontevedresa.
O evento chega á súa terceira colleita despois de poñerse en marcha en 2017 cun Mencía de Roberto Regal (Ribeira Sacra), viaxar ata La Rioja en 2018 para traer un Viño Novo Migrante e regresar a casa cun tinto da zona de Cambados.
Este ano, como novidade, sumáronse á iniciativa establecementos de Santiago de Compostela e de Vigo. Os locais participantes son:
- Envero (rúa Laranxo, 21 / rúa García Flórez, 16).
- Juncal Alimentación (rúa Peregrina, 9).
- Tabula Rasa (rúa Marquesa, 4).
- Casa Verdún (rúa Real, 46).
- O’Salnés (rúa da Ponte, 9).
- Viñoteca Bagos (rúa Michelena, 20).
- Loaira Xantar (Praza da Leña, 2).
- O Souto Bar Restaurante (rúa do Barón, 15)
- Hama Bar (Praza Marqués de Aranda, 5).
- La Quesera (rúa Manuel Quiroga, 18).
- A Viñoteca do Mercado (rúa Serra, Mercado De Abastos, 1º andar).
- Quesería Marqués de Valladares (rúa Marqués de Valladares, 21, Vigo).
- A Viñoteca do Mercado (rúa das Ameas s/n, Mercado de Abastos de Santiago de Compostela).
- Comovino (rúa do Vilar, 47, Santiago de Compostela).
- Viños Vivos (Tránsito da Mercé, 4, Santiago de Compostela).