Acondiciónase a parcela situada detrás do Pavillón para acoller un novo parque con dúas pistas de petanca
Por Redacción
A maquinaria pesada xa entrou na parcela situada detrás do Pavillón Municipal dos Deportes para acometer os traballos de acondicionamento destes terreos co obxectivo de que acollan un novo parque no que se instalarán diversos tipos de banco e unha senda, ademais de dúas pistas de petanca.
Estes traballos postos en marcha pola concellería de Desenvovemento Sostible e Medio Natural, que lidera Iván Puentes, retómanse despois de que se paralizarán polas inclemencias do tempo. O servizo de Parques e Xardíns utiliza unha retroescavadora para acondicionar os terreos, retirar pedras, maleza e entullo.
A leira conta con 652 metros cadrados de extensión e está previsto que se nivele e se pavimente o solar cunha capa separadora anticontaminante de xeotéxtil. Haberá dous tipos de plantacións cunha capa arbórea e dúas aliñacións para dar sombra ás pistas da petanca, ademais da zona formada por un desnivel ao noroeste da leira cunha plantación adaptada á topografía ascendente en dirección cara a capela do Santiaguiño.
Neste espazo plantaranse especies con variedade de cores e aromas. Instalarase un banco corrido en varias zonas e un banco circular no fondo noroeste. Tamén se pontenciará a iluminación da contorna. A intervención permitirá mellorar a comunicación nesta contorna e mellorar a accesibilidade á parcela mediante camiños adaptados, por exemplo, ata a capela de Santiaguiño do Burgo, á avenida de Compostela ou ao Pavillón Municipal.
Relacionadas:
-
Pontevedra sumará este ano dez novas pistas á súa rede de campos de petanca
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello mellora o proxecto do parque do barrio do Burgo e retoma as obras
Por Redacción |
-
Acondicionan as pistas de petanca e chave do Centro Sur de Campolongo
Por Redacción |
-
Proxectan a reforma integral da Praza de Pasarón
Por Redacción |
-
Pontevedra despide febreiro co inicio da Liga de Petanca
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Parques e Xardíns arranxa o valado do parque infantil de Barcelos
Por Redacción |
-
O Concello inicia as obras para dotar de dous campos de petanca ao barrio do Burgo
Por Oskar Viéitez |