Un camión xira mal no Porto de Combarro e provoca un efecto dominó causando danos en catro barcos
Por Redacción
Unha mala viraxe dun camión cun tráiler cando manobraba nas instalacións do Porto de Combarro provocaba danos en varias embarcacións que se atopaban en terra para a súa revisión.
Segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio, o incidente rexistrábase o martes 18 de febreiro nas instalacións náuticas. O vehículo ao realizar un xiro golpeaba o casco dunha das embarcacións que se atopaba sobre unha plataforma para a súa revisión.
O golpe provocaba un efecto dominó, de maneira que este barco golpeaba a outros catro, segundo a Policía Local, ocasionándolles diferentes danos. Aínda que o incidente resultou aparatoso, non se rexistraron danos persoais.