Cuntis prevé superar os 3.000 comensais na súa Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción
Lacón, grelos, pataca, chourizo, pan, bebida, filloas e café. É o que ofertará aos asistentes a 23 edición da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis, que se celebrará o próximo 1 de marzo.
Todo estará servido polos camareiros nas mesas que acollerá a carpa situada na Praza da Constitución. O prezo, como en anos anteriores, será de 15 euros.
O prazo para as reservas para o xantar popular estará aberto ata o próximo 26 de febreiro. As solicitudes deben efectuarse chamando ao número de teléfono habilitado pola concellería de Cultura, que é o 986 53 36 00.
Desde o Concello explican que se habilitarán un total de 2.800 prazas en reserva e gardaranse unhas 400 máis para os comensais que non realizasen a reserva anticipadamente.
Relacionadas:
-
A despedida do Entroido sabe a lacón con grelos en Cuntis
Por Redacción |
-
Unha divertida Gala do Chapante quenta os motores para a Festa do Lacón con Grelos
Por Redacción |
-
Catorce establecementos concorren esta fin de semana no Tapalacón de Cuntis
Por Redacción |
-
O xornalista Xabier Fortes será o pregoeiro da XXIII edición da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |