A X edición dos Xogos Nacionais de Transplantados celebrarase en Pontevedra
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz
Pontevedra será a sede da décima edición dos Xogos Nacionais de Transplantados, promovida pola Asociación Deporte e Transplante España, iniciativa que se presentou a través dun vídeo promocional. As probas terán lugar os días 29 de abril e 2 de maio.
O vicepresidente de Deporte e Transplante España, Carlos Sánchez, manifestou estar moi satisfeito de que o evento se vaia realizar en Pontevedra. O obxectivo dos xogos é concienciar á sociedade sobre a importancia da doazón de sangue e de órganos, e os beneficios que o deporte aporta ás persoas transplantadas. Esta iniciativa contará con probas para doce disciplinas deportivas diferentes, que inclúen atletismo, bádminton, ciclismo, golf, mini maratón, natación, pádel, tenis, tenis de mesa, petanca, dardos, bolos e triatlón virtual. Os participantes deben ser transplantados, en diálise ou ambos, coa obriga de que leven transplantados al menos un ano.
Ademáis do vicepresidente da Asociación Deporte e Trasplante e o edil de Deportes, Tino Fernández, tamén participaron no acto de presentación do evento Carlos Iglesias, voceiro da Asociación; Marisa López, directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS); os deputados provinciais Gorka Gómez e Manuel González, e José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Este ano, haberá dúas probas abertas ao resto da cidadanía, a carreira-marcha de 5 kilómetros (mini maratón), que terá lugar o 1 de maio pola tarde, e a
competición individual de golf, ese mesmo día pola mañá. O obxectivo é que os asistentes poidan participar nestas probas xunto coas persoas transplantadas.
A directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), asegurou estar tremendamente orgullosa polo feito de que Pontevedra ten unha media de doazóns superior á galega, con 4.000 novas tarxetas de doante creadas no ano 2019. Ademáis, salientou que Pontevedra é unha cidade solidaria que estará completamente volcada nos xogos.
Pola súa banda, o deputado provincial Gorka Gómez manifestou que con estes xogos se pretende que a cidadanía poña en valor o deporte e o que supón practicalo para persoas que foran transplantadas. Ademáis, mostrou o seu apoio a esta iniciativa, que pretende transmitir unha mensaxe de esperanza a aqueles que se encontran nesta situación complicada.
Como actos previos á celebración do evento, a Asociación Deporte e Trasplante España ten previsto realizar un izado simbólico da bandeira dos X Xogos Nacionais de Trasplantados na primeira quincena de marzo e celebrar unha xornada de apertura na tarde do 28 de abril.
O tenente de alcalde, manifestou que "o deporte significa superación e solidaridade", e mostrou a súa satisfacción por celebrar este evento na cidade.
Todos aqueles que queiran obter máis información acerca do evento poderán facelo a través do web www.deporteytrasplanteespana.com ou en contacto@deporteytrasplanteespana.com.