Os vehículos de Emerxencias teñen un problema no Camiño do Cruceiro, en Campelo
Por Redacción
Campelo e outras localidades do municipio de Poio presentan problemas para o acceso de vehículos de emerxencias, así o constataron integrantes do Partido Popular cando estes días se achegaron ata o Camiño do Cruceiro, en Campelo.
A concelleira popular Natividade Torres solicitou, tras comprobar, que a estreiteza da vía provoca dificultades para o acceso destes vehículos de grandes dimensións ás vivendas, o ensanchamento do Camiño do Cruceiro.
Afirma que esta problemática repítese noutros puntos e que lembra que o PP xa solicitou medidas similares de ampliación no Camiño da Granxa ou no acceso á Armada. Piden ao goberno local que poña a seguridade da veciñanza e o acceso aos servizos básicos por encima de calquera outra consideración.
Tamén trasladaron as denuncias da veciñanza do Muíño polo mal estado da rúa Doutor Martínez, onde se atopan fochancas, zonas afundidas e deficiencias no firme, a pesar de que o Concello realizou traballos de acondicionamento.