PonteEmprego, unha feria de emprego que porá en contacto a emprendedores con parados
Por Redacción
Poñer en contacto empresas con persoas que buscan traballo. ÿ o principal obxectivo da feira de emprego PonteEmprego, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra os próximos 7 e 8 de novembro. Trátase dun evento que, segundo a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, pretende converter a Pontevedra, neses dous días, "en el mayor centro de empleo de Galicia".
Esta feira, "pionera en la ciudad", según la concejala socialista, "será un espacio abierto a la comunicación, innovador y práctico". Terá como obxectivos fomentar o emprendemento como alternativa ao futuro profesional, facilitar ás empresas unha plataforma de xestión de recursos humanos e facilitar aos desempregados unha plataforma para buscar emprego.
Durante os días previos a PonteEmprego, habilitarase unha bolsa de emprego que terá como prioridade xerar 125 postos de traballo de cara a campaña de Nadal. "No prometemos que vamos a crearlos, si no que serviremos de interlocución entre las empresas y los desempleados para ayudarlos a completar esa demanda", explicou Carlota Román.
Para máis información sobre esta feira de emprego, o Concello de Pontevedra invita a consultar a páxina web do Proxecto Iles.