O PP de Pontevedra cualifica de "inxusto" o anuncio da creación dun novo pavillón deportivo
Por Redacción
O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, Guille Juncal, cualificou de "inxusto e indebido" o anuncio da creación dun novo pavillón deportivo na cidade, "cando atletas de alto nivel adestran en condicións absolutamente do terceiro mundo".
O responsable de deportes no PP local asegura que a día de hoxe algúns pais que asisten aos adestramentos dos seus fillos teñen que estar dentro do pavillón "con paraugas polas pingueiras".
"É unha pena anunciar a construción dun novo pavillón exclusivo para tenis de mesa cando os pavillóns que temos están en pésimas condicións", insistiu o edil popular.
"Non é aceptable que se gaste o diñeiro nun pavillón que non é necesario neste momento", engadiu o Partido Popular nun comunicado.
Finalmente Guille Juncal criticou ao tenente de alcalde e responsable de Deportes no Concello de Pontevedra, Tino Fernández, por non recoñecer estas deficiencias que denuncia o PP para "non molestar aos seus socios de BNG", responsables da área deportiva no anterior mandato.
Relacionadas:
-
O PP urxe a reparación das cubertas do Municipal e os Multiusos para acabar coas pingueiras
Por Redacción |
-
O PP pide o arranxo do pavillón de Verducido
Por Redacción |
-
Guille Juncal (PP): "Si no hay dinero para pagar grandes eventos y a los clubes deportivos la prioridad deben ser los clubes"
Por Redacción |
-
O PP pide replantear o skatepark da Xunqueira para incluír modificacións
Por Alejandro Espiño |
-
Guille Juncal, do PP, pide cubertas para as instalacións deportivas municipais
Por Redacción |