19 empresas, interesadas en acometer as obras da senda peonil despois da Variante de Marín
Por Redacción
Diecienueve empresas presentaron ofertas para acometer os traballos de creación do itinerario peonil e ciclista na estrada autonómica PO-313, entre Coirados e Pardavila, no municipio de Marín.
O orzamento para esta obra, segundo indica a Xunta de Galicia, ascende a 720.000 euros. Trátase de 2 quilómetros de lonxitude pola marxe esquerda da estrada desde a saída de Marín e conectando coas beirarrúas ata Pardavila, no punto quilométrico 3+300, unha vez que se pasa a ligazón coa Variante de Marín.
Nos primeiros 15 metros da estrada realizarase unha pequena plataforma para salvar a gabia actual. Despois construirase unha senda en formigón coloreado de 1,8 metros de ancho medio, aproveitando a beirarrúa nalgún tramo intermedio.
Tamén se instalará unha nova rede de drenaxe e mellorarase a intersección existente no punto quilométrico 2, coa execución dun carril central e dun cambio de sentido.
A Consellería de Infraestruturas sinala que o principal obxectivo é incrementar a seguridade da veciñanza nos seus desprazamentos cotiáns por esta zona.
Relacionadas:
-
Aprobadas as expropiacións para o trazado dunha senda peonil entre Pardavila e Cadro
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Riada en Pardavila ocasionada polas fortes chuvias da tormenta
Por Redacción |
-
A empresa Narom fará as obras da senda entre Coirados e Pardavila
Por Redacción |
-
A Xunta saca a licitación o proxecto da nova senda de Pardavila na PO-313
Por Redacción |
-
Os propietarios de terreos afectados pola senda entre Coirados e Pardavila, convocados para o 27 de febreiro
Por Redacción |