A Deputación insta á Xunta a que asuma as competencias da Estación Fitopatolóxica de Areeiro
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra instou este venres á Xunta de Galicia a que de os pasos necesarios para facerse cargo das súas competencias na Estación Fitopatolóxica de Areeiro e tamén na Finca de Mouriscade (Lalín), dous servicios "que ata agora atende de forma impropia a institución provincial".
Nun encontro mantido este venres en Santiago, o deputado delegado, Manuel González, comunicou ao director xeral de Gandería, José Balseiros, a necesidade de crear unha Comisión Técnica para iniciar o proceso. Segundo informou a Deputación, o director xeral se mostrou "receptivo" á espera de falar co Conselleiro de Medio Rural.
De feito, a Deputación trasladará nas próximas semanas á Xunta un documento no que se recollen as funcións que se realizan en ambos os dous servizos, o seu persoal, a extensión, os costes que lle supón á Deputación de Pontevedra e as edificacións, así como as persoas que formarían parte da Comisión caso de chegarse a un acordo.
"Esperamos que a Xunta teña a ben colaborar e non entenderíamos unha negativa", dixo o deputado.