O novo obradoiro de Panaderías Acuña no polígono de Barro estará operativo en 2022

Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silv,a informou que esta mesma semana "asinamos a venda doutra parcela" tamén no polígono de Barro, neste caso, para a empresa pontevedresa Panaderías Acuña.
Esta firma, con 22 puntos de venda dos que seis son franquías, emprega a preto de 200 persoas. A súa intención é trasladar a Barro o obradoiro de pan afrontando para iso o investimento máis importante nos seus 75 anos de historia.
A posta en marcha desta nova instalación implicará un aumento do seu persoal destinado ao proceso de produción que, a día de hoxe, ocupa a 57 traballadores pero que estiman que crecerá entre seis e dez empregados máis.
A construción das instalacións estará lista o próximo ano 2021 e coa dotación de maquinaria e a transición ao novo proceso confían en que o obradoiro de pan que levará o nome de Rogelio Acuña poida estar operativo no 2022.
Relacionadas:
-
Briquetas para alimentar o forno, a solución de Panadería Acuña fronte á imparable suba do gas
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Optimismo na Deputación polo funcionamento do Polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
O viveiro do polígono de Barro roza o cheo coa incorporación de dous novos proxectos
Por Redacción |
-
Panaderías Acuña empregará medio cento de persoas na sede que construirá en Barro
Por Redacción |