O PP considera "extinguido" o contrato municipal para a planta de compost da Canicouva
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O contrato de aluguer dos terreos da Canicouva, onde está proxectada a construción dunha planta municipal de compostaxe está "extinguido" e o Concello deberá devolvelos aos seus propietarios, a comunidade de montes da parroquia. Así o asegurou este venres o portavoz do PP, Rafa Domínguez.
Os comuneiros asinaron un contrato co goberno municipal en decembro de 2015 e nunha das súas cláusulas figuraba que se a planta non estivese construída en catro anos este quedaría automaticamente extinguido.
Domínguez lamenta que o Concello teña que devolver uns terreos "que nunca ha utilizado" e polos que "ha derrochado" uns 100.000 euros, un custo "absolutamente innecesario" porque, segundo o líder popular, "no se ha hecho nada con ellos".
Esta situación, engadiu, é froito da "desgana" e da "falta de cuidado" do goberno municipal co diñeiro dos pontevedreses e deixa "en evidencia" que o seu plan de compostaxe "era un fracaso" e foron "incapaces" de impulsar este proxecto.
De cara o futuro, segundo Rafa Domínguez, o Concello ten dúas opcións. Por unha banda, esperar a que haxa un proxecto "definido" para a planta de compostaxe, algo que sería "lógico y normal" ou, polo contrato, asinar un novo contrato que os populares consideran que sería "otra tomadura de pelo" aos cidadáns.
"Lo normal sería que se parara y se realquilaran los terrenos cuando el proyecto haya sido reorientado", sinalou Domínguez, que asegura agora que ao PP "no le parece mal" a localización elixida para unha planta destas características, aínda que esixe coñecer os detalles deste proxecto, entre eles o seu custo ou o volume de residuos que trataría.
Ademais, ante o anuncio de Sogama de que construirá unha planta de compostaxe na provincia de Pontevedra, o portavoz do PP pediu ao Concello que fale coa sociedade ambiental galega para tratar de que ambos os proxectos poidan ser complementarios.
Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mostrouse favorable a renovar o convenio cos comuneiros porque é unha iniciativa positiva para o medio ambiente. "Se hai que gastar 20.000 euros de aluguer mentres non se faga a planta, ben gastados están", asegura o rexedor, quen considera "un malgasto mandar o lixo a Sogama, que nos vale dous millóns de euros e contaminamos".
Relacionadas:
-
O PP denuncia que o Concello segue pagando polos terreos da planta de compost co contrato extinguido
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Rafa Domínguez pide a rescisión do aluguer dos terreos onde se quere instalar a planta de compost
Por Redacción |
-
Lagares Oca "guiará" o proceso para licitar o novo contrato de recollida de lixo
Por Alejandro Espiño |
-
O PP critica que Pontevedra estea a "tirar cos cartos" en alugar terreos sen uso na Canicouva
Por Redacción |