O Concello renovará a sinalización turística e patrimonial de Marín
Por Redacción
O Concello de Marín planea a renovación de toda a sinalización do termo municipal para incentivar o uso da toponimia tradicional da localidade e homoxeneizar a imaxe do municipio baixo un deseño común e harmónico.
O goberno local confirmou este mércores que a empresa Estela será a encargada de revisar toda a sinalización actual co obxectivo de "detectar os posibles erros toponímicos que poidan existir e corrixilos", explicou a concelleira de Turismo, Cristina Acuña.
Ademais da cuestión lingüística, o obxectivo tamén é homoxeneizar o deseño dos carteis de sinalización do Concello para que sexan recoñecidos dentro de todo o territorio baixo os mesmos cores e topografía. A sinalización para renovar será a dos lugares, marcando as delimitacións dos mesmos; e tamén aqueles referidos aos elementos patrimoniais, turísticos e históricos da vila.
"Queremos sinalizar todos aqueles elementos que teñen un interese turístico ou arqueolóxico dentro da zona vella para que a nivel peonil sexa máis sinxelo atopar aqueles lugares que poden resultar atractivos para os propios marinenses e para os visitantes", indican desde a firma adxudicataria.
Relacionadas:
-
O Lago Castiñeiras, a Finca de Briz e as praias de Marín, aspirantes a distintivos de calidade Q
Por Redacción |
-
O Concello de Marín inicia o proceso para incorporar a administración electrónica
Por Redacción |
-
Nova sinalización dos lavadoiros de Marín cun investimento de máis de 13.500 euros
Por Redacción |