Protesta no campus contra a creación dunha universidade privada
A mañá deste martes, os estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación chegaban á facultade ao son de frases como ''A Xunta de Galiza, recorta e privatiza", "O público é servizo, o privado beneficio" ou "non, non, non a privatización". O motivo destes cánticos foi a concentración convocada pola Plataforma Galega en defensa da Universidade Pública, que contou con protestas en sete campus de toda Galicia.
Aquilino Alonso Núñez, delegado sindical na CIG e profesor na facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, explicanos o motivo da manifestación: "a concentración faise co motivo de evitar que se detraian cartos públicos para facer una universidade privada". El delegado critica este feito porque entende que o sector da banca só busca lucrarse e canalizar ideoloxicamente os estudantes, ofrecendo as carreiras que, segudo eles, lles aseguran aos mozos un posto de traballo. Ademais, engade que non dan ningún servizo complementario ao que teñen actualmenente as universidades existentes.
O delegado compara ao que ocurre neste momento no sector da educación co que sucede na sanidade desde hai uns anos. Segundo Aquilino Alonso, lévase tempo intentando privatizar a sanidade e agora queren facer o mesmo co nicho de mercado que supoñen as universidades. O delegado explica que a sede da futura universidade estaría en Santiago, e ofrecería carreiras, tanto na mesma cidade, como en A Coruña e Vigo. Tamén engade que, de facerse realidade, non sería polo menos ata o 2021.
Desde a plataforma comunican que a decisión de mercantilizar a educación é un atentado contra a igualdade de oportunidades e choca directamente cos intereses dunha sociedade galega que solicita e precisa dunha universidade pública de calidade. Tamén informan que accións como a promovida por Banesco Internacional a través do proxecto ‘Universidad Intercontinental de la Empresa' de Afundación "son a culminación dun proceso progresivo encabezado pola Xunta para a privatización do sistema público de ensino superior na comunidade autónoma".
Para loitar polo que consideran dereitos fundamentais, sindicatos e alumnos xuntáronse en todos os campus de Galicia, realizando concentracións simultaneas co obxectivo de evitar que se cree unha universidade privada impulsada por Abanca.