Un redeiro sofre danos graves nunha man cando traballaba no Porto de Marín
Por Redacción
Un redeiro sufría un accidente ao redor das 16.00 horas deste luns nas instalacións do Porto de Marín. O persoal da Autoridade Portuaria alertaba ao servizo de Emerxencias do 112 Galicia para alertar dos danos que se causou o traballador nunha man.
O home sufrío un corte profundo e grave nunha das súas mans e tivo que ser evacuado ao centro hospitalario de referencia, segundo indica o servizo de Emerxencias 112 Galicia.
Desde o Centro de Atención de Emerxencias avisouse aos profesionais sanitarios e aos axentes da Policía Local e Nacional para que acudisen á zona portuaria.