Retiran dúas palmeiras de Portocelo debido ao picudo
Por Redacción
A praga do picudo segue afectando ás palmeiras do termo municipal, que deben ser controladas e retiradas no caso de infección para evitar ao máximo a propagación deste organismo.
Segundo informou este luns o Goberno local, o picudo atacou a dúas palmeiras de Portocelo que non avanzaban na recuperación, polo que tiveron que ser taladas.
Durante os últimos meses, ambos exemplares foron recibiron un tratamento de endoterapia, que supón a utilización dun produto fitosanitario de baixo impacto ambiental sen risco para as persoas e os animais e que está autorizado.
Así a todo, estas dúas palmeiras non avanzaron na súa mellora, polo que foi necesario tomar a decisión da súa retirada, que foi levada a cabo por unha empresa especializada, que depositou os restos de ambas palmeiras nun punto de reciclado homologado, onde se trituran na súa totalidade, segundo recomendacións da Xunta de Galicia.