O alcalde de Pontevedra presume de Cupón
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto ao conselleiro de Cultura e Educación da Xunta, Jesús Vázquez e o Delegado Territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan, presentaron este luns na Coruña os cupóns dedicados a Galicia, dentro da serie "Lo mejor de nuestra tierra", nos que se promove a comunidade autónoma en catro cupóns dedicados a rúas con soleira, tradición nos fogóns, recantos singulares e xogos populares de Galicia.
O cupón do día de hoxe, 22 de xullo, protagonízao a Praza da Leña, de Pontevedra, representando ás rúas con soleira.
O alcalde de Pontevedra foi o encargado de recoller o cupón enmarcado dedicado á mítica praza.
Fernández Lores explicou que a Praza da Leña, que recibe ese nome polo produto que nela se vendía para as cociñas e chemineas de antano, é un dos lugares máis típicos de Pontevedra, co cruceiro no centro e os pequenos pazos e edificios históricos que acollen o Museo.
En Galicia a ONCE ten 3.655 afiliados. No último ano o investimento social na nosa Comunidade autónoma alcanzou os 9 millóns de euros. Conta cun equipo de vendedores de cupón de 866. Dá emprego, aproximadamente, a 2.000 persoas, e atende a un total de 370 estudantes nos distintos niveis educativos e académicos.