O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre márcase obxectivo: 20.000 visitas
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), no concello de Campo Lameiro, obtivo bos rexistros no crecemento de número de visitas durante o último ano. No 2019 o parque foi visitado por 15.962 usuarios, o que representa un aumento dun 16,90% respecto ó ano anterior.
No público xeral pasouse dos 4.067 usuarios do 2018 aos 6.349 de 2019, o que representa un incremento do 27%. O maior crecemento móstrase nas actividades e programacións especiais como Noitepedras e Invernía, cun aumento do 64,15%, chegando aos 926 visitantes.
O parque conta cunha gran afluencia por parte de colexios, coa visita de máis de 100 centros, que levaron 6.018 usuarios.
A nova programación, segundo informan desde o parque, está cargada de eventos novos e especiais como Prehistoric, ou a xornada de "Cazadores de Petróglifos", será un pilar para conseguir o obxectivo dos 20.000 visitantes para o ano 2021. Desde o PAAR afirman que con este tipo de propostas seguiran axudando a divulgar a relevancia da arte rupestre en Galicia.