Nava Castro reúnese en Pontevedra co sector turístico para tratar un proxecto pioneiro en Galicia
A directora de turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co director do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), Fernando Fraile, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, participaron nunha reunión cos xestores e xerentes de entidades turísticas para presentarlles un proxecto piloto de rutas Q de Calidade Turística.
Trátase dun convenio de colaboración entre a Xunta e o ICTE. O proxecto será pioneiro en Galicia, e unha vez esté ben asentado, o obxectivo é que se poida implementar no ámbito nacional, chegando a ser unha nova categoría dos proxectos Q, coa posibilidade de que calquer concello ou entidad turística queira solicitalo, segundo dixo Castro. As rutas seleccionadas para o distintivo son: a ruta do Camiño Portugués, a ruta Mar de Arousa e as rutas vitivinícolas con Denominación de Orixe (D.O) da Ribeira Sacra e Rías Baixas.
As rutas seleccionadas para o distintivo son: a ruta do Camiño Portugués, a ruta Mar de Arousa e as rutas vitivinícolas con Denominación de Orixe (D.O) da Ribeira Sacra e Rías Baixas
Dentro desas rutas, aparece unha nova categoría: os espazos singulares públicos, como prazas e alamedas. Serán lugares públicos que estén ben xestionados e a partir de aí ter "uns modelos normalizados e que Galicia sirva de exemplo para o resto de España", manifestou Castro. O orzamento será de 250.000 euros, destinados ás catro rutas, trinta albergues, cincuenta organizacións turísticas, entre elas, museos, oficinas de información turística e praias e dez espazos públicos singulares, que aínda non se coñecen. Segundo se manifestou no encontro, os beneficiarios serán os usuarios deses servizos, como turistas e peregrinos do Camiño de Santiago, xestores públicos e administracións públicas con competencias turísticas.
Con estas medidas, Galicia vai avanzar como destino de calidade deseñando as rutas Q, fomentando a excelencia dos servicios públicos e profesionais que formen parte das rutas designadas coa Q de calidade, ademáis de impulsar a súa profesionalización. Con motivo da celebración do ano Xacobeo 2021, a directora de Turismo dixo que "queriamos dar un paso máis. Galicia sempre foi coñecida como Galicia Calidade", e este proxecto promove a excelencia na atención no Camiño.